Buscar este blog

lunes, 1 de abril de 2019

Los Bambinos






Nome: Los Bambinos

Actividade: 1962 - 1980

Estilo: Orquesta

Compoñentes:
José Luís Rodríguez, Mateiro,(trompeta e contrabaixo).
 Luís Rodríguez, Gabiño, ( batería),
 Manuel Lomba, Lombita, (baixo, laud e clarinete)
Celso Domínguez,  Cabriñas, (acordeón e piano)
Jesús Alonso, Suso, ( vocalista e guitarra)
Posteriormente se incorporaría:
Emilio Rodríguez,  O sastre, (saxofón- alto e tenor)

Enlaces:

Biografía:

O conxunto músico-vocal, conocido como  Conjunto Los Bambinos, que actúou nas décadas dos sesenta, setenta e oitenta do pasado século nesta bisbarra, se formaría inicialmente como quinteto por compoñentes do Rosal e da Guarda:

Créase ésta nova formación músico-vocal no Rosal, o 15 de Novembro de 1962, día de Santa Cecilia. Sendo a súa primeira actuación pública o día 25 de Novembro dese ano, na Liga de Amigos do Rosal. De aquí en adiante e hasta mediados dos oitenta terían unha longa e brillante etapa de constantes actuacións públicas por toda Galicia.

Foi tal a aceptación deste grupo en acontecementos sociais como: bodas, salóns de baile, festas, verbenas que en ocasións, tiveran mais actuacións que días tiña mes, xa que moitas veces nun só día tocaban de mañán nunha boda, a tarde nunha sala de festas, (decir que o horario nestes locales era de cuatro da tarde as oito), e a noite nunha verbena. Exemplo desta dinámica actividade podémola ver xa no seu primeiro mes de Xaneiro de 1963 con catorce actuacións: Dia 2, No salón Avenida da Guarda, pola tarde, a noite na Sociedad de Fornelos. Día 8, no Salón Avenida da Guarda e a noite na Liga de Amigos do Rosal. Día 9, no Recreo da Guarda. Día 15, Na boda da filla da Mon na Guarda. Día 16, no Salón Avenida da Guarda. Día 25, Actuación na radio local da Guarda (Radio Marcial) e tarde e noite no Salón Avenida da Guarda, Día 29, no Casino de Figueiró. Día 30, na Sociedad de Fornelos. Día 31, na Liga de Amigos do Rosal.
En agosto de 1963, con motivo do cincuentenario das Festas do Monte de Santa Trega, actuarían prácticamente todo o mes na alameda da Guarda, exceptuando dous días que irían tocar a San Roque e unha boda no Molino. Eran tan solicitados que se creara un dito popular: “¿Quen toca tal día, en tal lugar ?: OS DE SEMPRE- OS BAMBINOS”

Ainda que a maior parte das súas actuacións eran na zona e provincia, tocaban con frecuencia no norte de Portugal, en Simancas nas festas patronais e compartiron escenario con as figuras mais destacadas do momento a nivel nacional, entre outros:
Con Mike Kennedy en Cambados. Dúo Dinámico en Nigrán. Julián Granados en Aldán. Los Alba en Leirado. Con Pekenikes na sala do Casino García Barbón de Vigo, nesta sala lles ocurriría unha curiosa anécdota: Suso iba “baixo forma”con gripe e fiebre, e por riba da cea lle toma unhos grolos de licor café, co cal se recuperou. O grupo “estrela” despois da cear non se atopaba en condicións de actuar, polo que tiveron que sacar eles solos adiante a velada musical daquela noite.
Tocaban o mais variados estilos musicais bailables: pasodoble, cumbia, cha-cha-chá, mambo, tango, vals, fox-trop, rock, rancheras, xotas, rumbas, muiñeiras, boleros, salsa…, . Tendo un amplio e variado repertorio de cancións de todo tipo, adecuado a cada evento, en especial os éxitos do momento españoles e latinos. Recordamos as bellas melodias por eles interpretadas como: Contigo, El Silencio, Melancolía, Sulfinger, Rokviruta, Por Granadinas, María Isabel, Anduriña, Negra Paloma, Mexie Caníbal, En el Mundo, Zíngara, Compasión, Tiritando, Arrivederchi María, La lluvia, Cuéntame, Corazón Contento, Submarino Amarillo, Plánchame la camisa Un Rayo de Sol… Sempre a presentación era iniciada lentamente por Muñequita Linda, na que o vocalista Suso dirigíase ao público:”Señores y Señoras, con Uds el Conjunto Los Bambinos…

Co paso do tempo, e con mais de dúas décadas de brillante actividade comenzan as sustitucións e novas incorporacións. En 1972/73, Antonio Durán sustituie provisionalmente na batería a Gabiño por enfermedade deste. Sucesivamente, por idade dos fundadores, se van producindo mais sustitucións. Lomba e Suso, tocarían por última vez no conxunto, na Festa da Febra de San Xián de 1977. Nese ano, Mariano Martínez sustituie a Suso na guitarra e voz, e José Luís Santeiro a Lombita no baixo, máis adiante Antonio Santeiro sustituiría a Gabiño na bateria e Kiko a Jose Luís no baixo



14- 02-1978 - Os Bambinos nunha boda no Hotel Molino, con Emilio e Celso Cabriñas, e xá cas novas incorporacións de Kiko, José Luís Santeiro, Antonio Santeiro, e Mariano


Ca incorporacións de novas xeracións de músicos, e o pasar a formar parte dunha axencia de espectáculos, o conxunto tamén cambia de nome, pasando a chamarse CUMBRE e NUVES, por último, con algún destes últimos compoñentes, con José Manuel, Tonono, fillo de Cabriñas que sustituie a seu pai no acordeón e piano, e Emilio, fillo de Emilio, forman o conxunto BELO HORIZONTE, rematando así o glorioso recorrido musical dos Bambinos

Derradeira actuación dos originarios Bambinos en marzo de 1993, en San Gregorio de Pías. Despois de anos sin actuar públicamente, xuntáronse nesta ocasión, na que os pobos do entorno, quixeron rendirlles un merecido homenaxe a súa longa e fuctifera traxectoria musical.


CUMBRE, NUVES e BELO HORIZONTE foron continuadores dos BAMBINOS, formándose a medida cos orixinarios integrantes iban deixando o conxunto musical, e sendo sustituidos por musicos xovenes, algúns descendentes directos dos menbros dos BAMBINOS.
Carteles:

(Información cedida por Vitoriano da joreña)

No hay comentarios:

Publicar un comentario